top of page

Realización


Compoñemos xa o anuncio cos elementos da folla de planificación.


A mellor opción é crear un vídeo con fotomontaxe en servizos da rede como PhotoPeach ou WeVideo. Mais tamén se pode facer con calquera editor de vídeo instalado no computador.

Se se precisan titoriais: de PhotoPeach, de WeVideo.

Como alternativa, podedes optar por unha presentación animada (para iso abonda unha ferramenta como Impress ou PowerPoint).

Revisión
 

Comprobade (e modificade se for preciso):
 

  • Conséguese o obxectivo proposto no plan en relación cos prexuízos lingüísticos
  • O produto axústase ás características da contrapublicidade ou ás da propaganda
  • Insérense diferentes imaxes con lendas explicativas en todas ou nalgunhas delas
  • Esa información é relevante
  • O slogan é significativo e sitúase ao final
  • A parte gráfica e de imaxes vai acorde co texto e o slogan
  • Insérese unha banda sonora apropiada
  • O texto é adecuado, coherente e correcto
  • Evítanse os estereotipos e emprégase unha linguaxe non discriminatoria (consultade estas orientacións)

CREAMOS

Actividade 10

EN GRUPOS
(ferramenta escollida)
bottom of page