top of page

Traballamos agora o slogan (frase identificativa dunha campaña, coa que se capta a atención) da nosa práctica de contrapublicidade​.

Para ser efectivo, o slogan debe ser moi breve e persuasivo. Iso esixe unha boa selección das palabras e, normalmente, o emprego de figuras retóricas. Velaquí algunhas:

  • Comparación: Dormidina, axúdache a durmir como a un neno
  • Metáfora: Opel Corsa, músculos de aceiro
  • Aliteración: Un Martini invita a vivir
  • Onomatopea: CREKS que fan crec
  • Hipérbole: O mellor son xamais creado para un televisor (Bang&Olufsen)
  • Paronomasia: Perda peso sen que lle pese
  • Antítese: Máis velocidade con menos consumo
  • Enumeración: Eu axudo. Eu coido. Eu perfecciono. Ti sentes. BMW
  • Prosopopea ou personificación: Os bonos que están a agardar por ti (Bonos do tesouro)

(adaptado de materialesdelengua.org)



Recuperamos, entón, a imaxe manipulada da anterior actividade e engadímoslle un slogan (modificando un da propia marca e superpoñéndoo ou creando un novo) que conteña unha figura retórica das anteriores.



Cando estea preparado este anuncio contrapublicitario básico, enviámolo nunha intervención no espazo de comentarios de abaixo (permite engadir imaxes).

Á CONTRA

Actividade 7

EN PARELLAS
NESTE ESPAZO
bottom of page