top of page

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Actividades 1 e 2 (0'5 puntos)
     • Participa de maneira activa na toma de decisións inicial

     • Valora os vídeos propostos

     • Amosa e explica as súas ideas previas ao contestar a enquisa
Actividade 3 (1 punto)
     • Aprehende a información dos recursos que se achegan
     • Reflexiona con tino sobre a situación de plurilingüismo e contacto de linguas
Actividade 4 (1'5 puntos)
     • Comprende os contextos dos prexuízos lingüísticos e clasifícaos
     • É quen de procurar e enunciar contraargumentos ao respecto

     • Intervén no espazo de intercambio con claridade, cun rexistro adecuado e con respecto polas normas.
Actividade 5 (2 puntos)
     • Analiza con precisión un spot publicitario, identificando os seus elementos

      • Interpreta as estratexias e recursos publicitarios

Actividades 6 e 7 (1 punto)

     • Valora razoadamente a eficacia dos slogans
     • Identifica os recursos lingüísticos máis comúns

     • Distingue propaganda de contrapublicidade
     • Explicita as características destes subxéneros

Actividades 8 e 9 (1'5 puntos)

     • Elabora uns obxectivos para a produción
     • Procura e extrae información nas fontes achegadas

     • Cubre axeitadamente a folla de planificación
     • 
Colabora co equipo, cumprindo coas súas tarefas

Actividades 10 e 11 (2'5 puntos)

     • Constrúe a primeira versión do anuncio

     • Revisa o anuncio seguindo as suxestións que se ofrecen

     • Valora o uso dunha linguaxe non discriminatoria e aplícaa

     • Consegue un produto final axeitado:

          • O slogan é significativo e sitúase ao final
          • Introdúcese información relevante
          • O texto é adecuado, coherente e correcto

          • A parte gráfica e de imaxes vai acorde co texto e o slogan
          • Insérese unha banda sonora apropiada

     • Publica o produto na rede coas ferramentas oportunas

AUTOAVALIACIÓN

Ao rematares a secuencia, autoavalíate graduando (deficiente - mellorábel - ben - excelente) e comentando os seguintes puntos:



  •    Seguín os procesos de traballo e realicei as actividades todas
  •    Consultei con atención as fontes, recollín información e empreguei os recursos achegados
  •    Atendín os exemplos e resolvín satisfactoriamente as cuestións
  •    Construín producións intermedias ben elaboradas (para os prexuízos: contraargumentos; para a publicidade: análise)
  •    Planifiquei o anuncio aproveitando as ideas traballadas
  •    Confeccionei un vídeo de acordo cos obxectivos e as indicacións
  •    Intentei manter sempre un sentido crítico
  •    Avancei distribuíndo ben o tempo
  •    Colaborei activamente no traballo en grupo
  •    Quedei satisfeito/a co traballo realizado
bottom of page