top of page

Folla de planificación

Coa axuda da seguinte guía (podedes copiar e pegar), realizade o voso deseño.


SITUACIÓN

Indicade:
• Tipo de campaña (de denuncia, de concienciación)

• Obxectivo concreto do anuncio
• Receptor principal da campaña 
• Valor(es) que se pretende destacar en relación co obxectivo

 

IMAXES
Especificade (recompilando) a parte gráfica:

      - se se trata de contrapublicidade, concretade as imaxes que representarán a empresa (velaquí algunhas posíbeis)

      - se ides crear propaganda, decidide o tipo de imaxes que poden suxerir o prexuízo tratado e mais as representacións posíbeis da realidade da contraargumentación (velaquí unhas creacións sobre a lingua).

! Sempre que se trate de fotos de autor, cumprirá anotar a orixe para logo citar a fonte.

 

TEXTO
Creade xa o slogan do anuncio de acordo coas características vistas. Deberá aparecer cando menos na última imaxe.
Bosquexade tamén as lendas que acompañarán as imaxes. Serán frases ou oracións moi breves que se colocarán como pé de foto para poñer en situación e achegar datos clave. Aproveitade o voso labor previo.

 

MÚSICA
Buscade unha banda sonora, un tema musical que lle acaia ao contido (velaquí espazos de música libre). E, se o credes necesario, facede o guión dunha intervención oral.



UN PLAN

Actividade 9

EN GRUPOS
Nun comentario
bottom of page