top of page

Formade parellas, que se manterán na seguinte actividade, para contruír a resposta a dúas cuestións importantes na comprensión da situación das linguas en contacto e para resituar as ideas prexuizosas.

Na aula, numeraremos as parellas, pois cada unha terá as súas preguntas específicas. Estas están formuladas máis abaixo e tamén no espazo no que haberá que contestalas. Pero antes cumprirá, claro, consultar determinadas fontes. Velaquí:



                            i. O galego, o noso medio natural

                           

                            ii. A situación lingüística no mundo



                           

PARELLA 1

a) Como poden compararse a defensa da diversidade lingüística e a da natureza? 

b) Que valores das linguas nos confirman que son máis ca un simple vehículo de comunicación?

                            

PARELLA 2 

a) Por que e como se poden relacionar os transxénicos e os estranxeirismos?

b) Toda lingua minorizada é necesariamente minoritaria no seu territorio? Explica os conceptos.



PARELLA 3

a) No ámbito sociolingüístico, que poderían repesentar os eucaliptos en Galiza e por que?

b) Os factores da diversidade lingüística cres que están activos hoxe en día ou non? Por que?

                           

PARELLA 4

a) Con que tipo de exemplos da natureza podemos comprender mellor as imposicións históricas das linguas "imperiais"?

b) Que datos nos indican que a identificación 'un Estado' = '1 lingua' é falsa por simplificadora?

                           

PARELLA 5

a) Por que podemos dicir con razón "Recíclate, pásate ao galego"?

b) Toda lingua minoritaria nun territorio é minorizada? Explica os conceptos.

                           

PARELLA 6

a) Por que nunha situación de contacto de linguas, cunha dominante, o equilibrio pasa por revitalizar a(s) propia(s) minorizada(s)?

b) Poderían anularse hoxe todos os factores da diversidade lingüística para termos unha única lingua en todo o mundo? Concreta un a un.

                           

PARELLA 7

a) Por que, tanto na economía como na sociolingüística, o produto local é enriquecemento e non o é o importado?

b) Podemos dicir que, no contexto europeo, o galego é unha lingua moi pequena, por debaixo de todas as "estatais"? Concreta todo o posíbel.

                           

PARELLA 8

a) Que significará "reforestar" unha lingua?

b) A situación de diversidade lingüística no Estado español é pouco común no mundo e en Europa? Achega algúns datos ao respecto.

                           

PARELLA 9

a) Que significa o termo "ecoloxía lingüística" e que implica?

b) Que funcións fundamentais desempeñan as linguas ademais de transmitir información?  



                           Achegaremos as respostas nun espazo compartido, que pode ser este foro

                           na rede social específica, os comentarios do blogue de tarefas ou ben a caixa que

                           aparece aquí abaixo, sempre identificándonos previamente.

OPINAMOS

Actividade 3

EN PARELLAS
FORO - BLOGUE

FONTES

bottom of page