top of page

Como sabemos, a publicidade activa mecanismos de sedución potenciados por diferentes recursos destinados a facer atractivo e necesario o produto. Revisemos ambos na linguaxe audiovisual (deixamos para máis adiante os lingüísticos):



 

 

 

 

 

 

Analizaremos agora, en parellas, un anuncio para practicar o recoñecemento dos seus trazos. Redactaredes de acordo co seguinte guión:





Situación

    Nome (marca) e tipo do produto anunciado.

    Medio en que aparece.

    Público ao que se dirixe (por sexo, idade, clase social ou profesión).



Imaxes

    Breve descrición da realidade que se representa (personaxes, accións, obxectos...).

    Cores e uso da luz.

    Valores(*) cos que se asocian todos eses elementos anteriores.

    Principais recursos audiovisuais (figura retórica, plano ou ángulo destacado...) e efectos.



Texto

    Tipo de texto (descrición, diálogo...).

    Presenza de slogan ou lendas.



Música

    Tipo de música. Se hai canción, que di a letra?

    Emocións ou sentimentos que transmite.



Síntese

    Relación das imaxes, texto e música co produto. Claves da sedución.

    Necesidades ás que se quere asociar(*) e consecución do efecto pretendido.

 

 

(*) Como: seguridade, pracer, comodidade, luxo, elegancia, velocidade, progreso, esforzo, xuventude, liberdade, competitividade, agresividade, poder, éxito, prestixio, riqueza, novidade, beleza, posesión, culto ao corpo, vida natural, iniciativa, aceptación social, amizade, beleza… Estes valores potencian, claro, comportamentos: hedonismo, insolidariedade, clasismo, violencia… (alén do consumismo).







Velaquí tedes exemplos de análise.

Para realizardes a vosa, escollede un dos anuncios seguintes e redactade nunha anotación de blogue neste espazo ou no blogue de tarefas. Evitade acumular simples notas e etiquetade ao xeito (como: publicidade, anuncio, análise).

 

Á CONTRA

Actividade 5

EN PARELLAS
BLOGUE
bottom of page