top of page

Nas anteriores actividades profundamos nas ideas preconcibidas a respecto da lingua e revisamos os principais recursos que o mundo publicitario emprega para facer chegar as mensaxes dunha forma eficaz. Agora, en pequenos grupos, xa podemos comezar a planificar o produto final: un vídeo (ou, en todo caso, presentación animada) de concienciación e denuncia que formará parte dunha campaña para enfrontar os prexuízos lingüísticos.

Nese anuncio incluiremos:

    - Diferentes imaxes, propias ou con licenza libre

    - Texto: pés de foto curtos e informativos e mais un slogan final

    - Música (e mesmo voz, se se considera necesario)
 

Antes de máis nada, cada grupo escollerá unha destas vías:

  1.     a propaganda (procurarase a superación dun prexuízo)
  2.     a contrapublicidade (denunciarase a postura dunha entidade)

Para a primeira opción, elixirase un dos prexuízos traballados na aula. Para a segunda, o albo será unha empresa que amosase unha postura prexuizosa ou discriminatoria; por exemplo La Voz de Galicia, que asocia lingua galega con anormalidade e delincuencia, ou Carrefour, que considera prescindíbel o galego na súa relación co cliente.


Segundo a escolla, concretade o obxectivo da vosa produción, que recolleredes por escrito na seguinte actividade. Ademais, ampliade a información ao respecto:

      · revisión dos prexuízos

      · La Voz e outros medios

      · Carrefour

      · El Corte Inglés

UN PLAN

Actividade 8

EN GRUPOS
(sen entrega)
bottom of page