Intentaremos agora enfrontar os prexuízos cunha pouca análise. Porque é moi importante evitar ver a realidade cos anteollos dos xuízos de valor simplistas, que poden desembocar nunha fobia enfermiza e supremacista.
De xeito coordinado para non repetirse, cada parella vai escoller un prexuízo lingüístico -que deberá extraer dos documentos que se ofrecen- e sometelo a comprobación, racionalizalo. Así, explicará:
- que tipo de prexuízo é
- cal pode ser a súa orixe (a partir de que feitos se puido crear)
- como constitúe unha simplificación da realidade e que contraargumentos o desmontan
i. Os prexuízos lingüísticos: escolma e clasificación
DOCUMENTOS (para extraer un prexuízo distinto do das demais parellas):
1. Marta GH 2011 autoxenofobia
2. Estamos cheos de @masaenfurecidas reais
3. Encapuchados y con acento gallego
4. Indignada porque na RG non falan en español
5. ¡A mi me hablas en español!
Realizarase a intervención -cos tres elementos da análise arriba
especificados- neste foro, nun comentario de blogue ou ben na caixa que
aparece aquí abaixo.
OPINAMOS
Actividade 4
FONTES